Arcaísmo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os arcaísmos son palabras que existían no galego medieval, mais que na actualidade non se aceptan por se consideraren antigas debido a tres factores:
- Algunhas destas palabras xa eran pouco usuais na época medieval (ex. *vegada, por vez).
- Outras voces interpretáronse mal: como o tan empregado erroneamente *conquerir (usado como conseguir), e que na Idade Media significaba conquistar.
- E incluso outras formas estaban nunha fase evolutiva (como *caor ou *coor)
[editar] Outros arcaísmos
- capiduo, *caloña, *estormento, *estoria, *maor, *mor, *outo, *tiduo, *trebuto... Algúns deles existen actualmente nos topónimos, como é o caso de Montouto ou Toxosoutos.
[editar] A aceptación
Existen casos específicos onde un termo moi habitual do galego medieval si que se acepta. Este pode ser o caso de ren (adverbio) ou res (adxectivo), admitido no VOLG de 2004. Ás veces a lingua común ou a terminoloxía e a neoloxía poden botar man de formas antigas para ampliar o seu significado á actualidade e recuperar o seu uso: é o caso de albanel, Deus palabras que xa non existían no galego oral e que se recuperaron ou reconstruíron en base ó galego medieval (ou en base ó seu outro herdeiro directo, o portugués).Desviacións respecto á Norma |
Lusismo (v. tamén Reintegracionismo) | Hipergaleguismo | Arcaísmo | Vulgarismo | Dialectalismo Castelanismo (fonético | léxico | morfosintáctico | ortográfico | semántico) (v. tamén Castrapo e compendio na Galipedia) |
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Observação: somente um membro deste blog pode postar um comentário.